26/01/15

PROPOSTAS PARA O "DÍA DA PAZ"

   Este ano centraremos a celebración do "Día da Paz" arredor da figura de Malala Yousafzay, Premio Nobel da Paz 2014.

  Neta páxina atoparedes unha serie de actividades interesantes que vos permitirán coñecela moito mellor:
http://www.cepaxarquia.org/webquest/webquest/soporte_tabbed_w.php?id_actividad=1096&id_pagina=1

  Tamén vos propoñemos esta banda deseñada, en castelán e inglés:


http://cdn.zenpencils.com/wp-content/uploads/104_malalaspanish.jpg?9d7bd4
 
       Este enlace vos permitirá escoitar a canción adicada a Malala  que, baixo o título "Malala soy", interpreta Pastor González.
      https://www.youtube.com/watch?v=rcFshEW2iiU

   






RECOMENDACIÓN LECTORA





       A recomendación da derradeira semana de xaneiro nola fai a profe Mari Carmen, de Relixión.

Como xa sabedes, o venres celebraremos o Día Internacional pola Paz e a Non Violencia, destacando a importancia da paz e o entendemento entre persoas de distinta formación, sexo, raza, cultura e relixión.

           E propoñemos un libro moi interesante para coñecer como viven os nenos doutros países,        con ilustracións moi fermosas e un divertido xogo  nas últimas paxinas.

              
        " Diccionario por imágenes de los niños del mundo" 

de

Emily Beaumont

Editorial Fleurus
 



Como visten os nenos que viven noutros países do mundo? Que comen? A que xogan? 
Celebran o Nadal e o Entroido? 

Libro ideal para coñecer outros mundos e aprender a facer alguna manualidade típica doutras culturas, coma por exemplo un faroliño chino, figuras de origami...

 Ler faite viaxar...a calquer lugar...



 A paz non ten fronteiras






19/01/15

RECOMENDACIÓN LECTORA






 Esta semana os alumnos de 3º B recomendan o libro que gañaron nun concurso de poemas de nadal  o pasado  mes de decembro.
 
                                   
                                       RETALES DE MIS SUEÑOS
                                                                     
                                                                   de

                                                       Ross Torralba

                                                       Chiado Editorial




                                                                                        

                   
Este é un libro de poemas que trata entre outros o tema da amizade, o amor, os soños, as ilusións, a imaxinación, a esperanza, a igualdade e a paz.

Cada poema é un retaliño da vida que nos rodea.

                                 
Un fermoso libro para reflexionar...soñar e voar coa imaxinación.

                                                                     
                                         



Porque esta vida é unha gran manta chea de retais...chea de historias...

Toca abrigarse...e ler...


                                                                    Grazas Ross!!!

  










16/01/15

A VOLTA AO MUNDO EN 80 CONTOS



 A través deste xogo de contos arredor do mundo, compartiremos historias populares de calquera continente ou país, sumerxíndonos nun apaixoante mundo de fantasía.

 Grazas aos recursos tecnolóxicos da narrativa dixital, todas estas creacións do imaxinario popular aínda poden conservar a súa eficacia educativa.

Preme neste enlace e descubrirás cousas interesantes:
http://www.educacontic.es/blog/la-vuelta-al-mundo-en-80-cuentos

13/01/15

ARTE DEJA TUS HUELLAS

"Arte deja tus huellas"
Marion Deuchars
Editorial Coco-Books.

Esta semana recomendámosvos para os máis peques un libro que ademáis de gustarlles, pode dar moitas ideas para traballar con eles plasmando as nosas pegadas de mil maneiras e con diferentes técnicas. Agora un dinosaurio, agora unha xirafa, flores, etc. Todo é posible con pintura, as túas pegadas e moita imaxinación!.











12/01/15

RECOMENDACIÓN LECTORA





Benvidos ao segundo trimestre de recomendacións!!
Irene, de 3º A , nos propón un libro que ten unha protagonista que seguro que vos sona de algo:
Junie B.Jones, a nena máis superdivertida!!! 


"Junie B. Jones y el autobús apestoso"

de
 Bárbara Park  

Editorial Bruño 




Junie B. ten un problema co autobús do seu novo cole.Ademáis de ser incómodo e apestoso, Junie B. sabe de boa tinta que uns nenos malos-malísimos che tiran batido de chocolate pola cabeza cando montas nel. E claro,solo de pensalo,un milleiro de formigas empezan a correr pola súa tripa... Necesita un plan para non subir a ese autobús!!

"Un libro ameno e divertido, para botar unhas risas"

Grazas Irene!!!

Recordade que na biblioteca hai máis libros desta colección...para ler un montón!!!












05/01/15

RECOMENDACIÓN LECTORA



 Queda moi pouco para que cheguen os Reis Magos, que ilusión!!!.
A recomendación lectora desta semana ten que ver coa noite máis máxica de todo o ano.
A profe Laura, de AL, recomenda: 





"Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis" 
                                       
de 
       Chema Heras e Kiko Dasilva  

     Editorial Kalandraka

Seguro que moitos de vós,deixádeslles aos Reis Magos algo preparado: unhas galletas, un pouco leite ou auga para os camelos...e ides durmir cediño agardando con ilusión e soñando nesa noite máxica...
Pero Martiño tivo un pequeno problemiña xusto esa noite...




"Este é un atípico e divertido conto de Nadal, cunhas ilustracións moi fermosas...que amosa a emoción coa que un neno experimenta un acontecemento tan especial e esperado. 
É unha obra que empatiza con lectores de tódalas idades, evocando e potenciando a ilusión dunha noite tan importante e un amencer cheo de sorpresas,ledicias, e algunha que outra decepción.
Nada pode estragar un soño plácido, agás unhas inoportunas e incontibles gañas de mexar...
Será quen Martiño de saír do apuro?"


Estes Magos xa están chegando a Galicia...


E vos pedíchedes algún libro??? Seguro que sí...Tic Tac...





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...