28/12/14

RECOMENDACIÓN LECTORA







A derradeira recomendación do 2014 nola trae a teacher Noela. 


In mama´s arms / No colo de mamá

de

April T. Evans

Editorial Linteo Infantil y Juvenil


Este libro pertence a unha colección bilingüe, en galego e inglés, moi útiles para reforzar a correspondencia nos dous idiomas.

As historias son divertidas, e cada unha ten un valor que destacar: a imaxinación, o desexo de ser felices, a perseverancia en conseguir o que queremos, a aceptación do que somos e o compartir cos nosos amigos.


                                          

Imagination

                                                                            Happiness                                                          Perseverance

                                                       Accepting
                                     Sharing




26/12/14

UNHA MÁQUINA DO TEMPO NA NOSA BIBLIOTECA


Queres coñecer aos personaxes máis famosos da primeira metade do século XX?
Gústanche as películas de Walt Disney? E as de Charly Chaplin?
Sabes quen inventou a bombilla?
No 2015 a nosa biblioteca convértese nunha máquina do tempo, pasa e faraste un experto en cine, literatura,moda, pintura, fotografía, e moitas cousas máis...

Viaxe preparada en  3...2...1...GO!!!



22/12/14

TEMPO DE LECTURAS

Esta semana presentamos un paquetiño de recomendacións lectoras variadas, para os peques, menos peques e para os mozos e maiores. Seguro que os Reis Magos e Papá Noel terán moitas peticións de libros para ler no 2015.
O noso amigo Turo xa escribiu a súa carta e a botou ao correo...e vós tamén? 







15/12/14

RECOMENDACIÓN LECTORA






Seguro que polas vosas cabeciñas pasan a miudo moitas preguntas, coma por exemplo: 

 Por qué teñen trompa os elefantes? Por que cantan os paxaros?

A recomendación lectora desta semana ven a despexar moitas destas incógnitas...

Carla, a mestra en prácticas que nos acompañou este trimestre, recoméndanos: 

   ¿ Por Qué ?

                85 PREGUNTAS Y RESPUESTAS 
   de 
   Carlos Reviejo 

      Editorial Susaeta 




" Recomendo este interesante libro que contén a resposta a moitas cuestións, explicadas dun xeito divertido, engadindo adiviñas, refráns, e simpáticas ilustracións, para así despertar o interese dos nenos e que estes disfruten coa lectura".
Ademais conseguirán algo fundamental: divertirse aprendendo cousas novas" 

Moitas grazas Carla !!! 

E vos a que esperades para averiguar...Por que os elefantes teñen trompa?

Se o queredes saber, o libro teredes que ler.

11/12/14

SIMULACRO DE INCENDIO NO NOSO COLEXIO

  O noso colexio é hoxe protagonista desta noticia publicada no "DIARIO DE AROUSA".

                    El alumnado del colegio de Catoira 

                  aprueba en el simulacro de incendio







La agrupación de voluntarios de Protección Civil de Catoira, con la colaboración de sus compañeros de Vilagarcía, protagonizó ayer con éxito un simulacro de incendio en el CEIP Catoira, sobre todo porque todo se desarrolló con normalidad teniendo en cuenta que los niños no estaban avisados, así como algunos profesores, que también desconocían que se trataba de un ensayo. Lo que sí ha quedado demostrado es que las clases y las nociones que recibe el alumnado en caso de emergencia sí tienen resultado y son útiles, ya que en unos cinco minutos aproximadamente, los 387 alumnos del colegio ya estaban en el exterior. Para que el simulacro fuese más real, los efectivos de Protección Civil llenaron el interior del centro con humo con una máquina para que se formase una especie de neblina y simulase una situación real. Tanto el profesorado como el alumnado siguieron los protocolos establecidos de antemano y salieron de las aulas primero y después del colegio arrimados a las paredes y en fila india. El simulacro incluía también la desaparición de un niño que finalmente fue encontrado. Entre las conclusiones que se sacaron del evento de ayer destaca, según indicaron desde Protección Civil de Catoira, que es preciso colocar señales fluorescentes para indicar la dirección que se debe tomar en caso de incendio. Para la realización del simulacro desplazaron al colegio un camión de bomberos una furgoneta, así como una ambulancia. Participarían unos veinte voluntarios de Catoira y Vilagarcía.
 

09/12/14

UN BECHO ESTRAÑO

O formato toma moita importancia neste libro de tapa dura, escrito en verso e coa estrutura dos contos de nunca rematar. 

Trátase dun libro completamente circular, o final é o principio e o principio é o final. E onde as  imaxes acompañan igualmente o texto cando se le a ida como a volta.

Curioso, simpático e divertido. 
Paga a pena lelo cos mais pequenos


Mon Daporta e Óscar Villán
Un becho estraño
Editorial Klandraka.

08/12/14

RECOMENDACIÓN LECTORA


Esta semana, Esther, titora de 2º B, recoméndanos un bonito libro de contos sobre insectos.
A protagonista é unha avoa que conta unhas historias moi fermosas.



"As historias da avoa CATARINA"  
 de 
   Iñaki Zubeldia e Estíbaliz Jalón   

Editorial Faktoría K de Libros

"Recomendo este libro porque me parece moi interesante que todos os nenos coñezan as fantásticas historias de bichiños, que unha vella cigarra conta a outros insectos do prado.
Nestas historias, transmitidas de xeración en xeración, coñeceredes ás xoaniñas, ás bolboretas e ó patilongo, que descubre como a súa é unha historia digna de coñecer por todos"




Xoaniña, voa voa ! E boa lectura amigos !!

03/12/14

Recomendación lectora



Laura Galván, alumna de 4º da ESO recoméndanos O diario de Ana Frank.

"O libro trata sobre Ana Frank,unha rapaza xudea de 13 anos,que conta todo o que lle vai pasando no diario (ao que chama "Kitty") que lle regalaron polo cumpreanos. A Ana tócalle vivir na Holanda ocupada na época da Segunda Guerra Mundial. Ana e a súa familia son perseguidos polos nazis; polo que terán que fuxir da súa casa e trasladarse  á que ela chamará "A casa de atrás", onde se agochan con outras persoas.
Este libro recomendollo ás persoas que lle gusten as historias realistas.

02/12/14

¡VOY A COMEDTE!





Esta é a historia dun lobo , un enorme e perigoso lobo feroz, que famento agarda nun claro do bosque a que pase un suculento bocado de carne. De súpeto por alí aparece un adorable coelliño blanco e o lobo berra: " Aaaahhhhh!  Conejito blanco voy a comedte!" por que falará así o lobo? conseguirá comerse o coelliño? Todo esto e máis cousiñas sobre este lobo tan peculiar as poderedes descubrir se ledes este conto titulado 



"¡Voy a comedte"
 Jean-Marc Ferouen e Laure fu Fay 
Editorial Kokinós.

01/12/14

RECOMENDACIÓN LECTORA





A Nicolás e Alejandro, de 3º B encántanlle os comics...sobre todo de aventuras.
Un dos seus favoritos é o libro da colección de banda deseñada de:

Gerónimo Stilton 

TRAS LOS PASOS DE MARCO POLO 

Editorial Planeta Junior



Gerónimo Stilton é o director de El Eco del Roedor, o xornal máis famoso  da isla dos Ratos. 
Esta nova aventura levará a Gerónimo á antiga China, á corte do emperador mongol Kublai Khan.
Alí Gerónimo coñecerá ao famoso viaxeiro veneciano Marco Polo e terá que enfrentarse de novo cos malvados gatos piratas.



  


Diversión asegurada aprendendo un pouquiño de historia...
Lectores e investigadores
con estes simpáticos roedores...




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...