07/12/18

O alumnado recomenda

O alumnado de 3º de EP é dos máis lectores do colexio!!!! Están encantados de amosarnos moi a miudo os libros que máis lle están a gustar este curso!!!


"Recomendo este libro titulado "El ladrón de minutos" tanto polas ilustracións do conto como pola emoción que produce".Nuno


"Este libro vai dunha nena que é a única da vila porque alí non se mudaba xente con nenos, chamábase Sara. Ten un irmá que se chama Uriel, co quevai pescar para que súa nai poida ir vender o peixe ao mercado. Un día chegaron coas redes case baleiras. Pasados uns días veu cuns peixes xigantes, pero ao día seguinte Uriel non volveu. Sara foi buscalo e encontrou unha caracola que lle indicaba onde estaba Uriel pero antes tiña que encontrar as súas dúas irmáns.Se vos gustan os libros de aventuras tanto como a min recoméndovolo porque é moi emocionante!!!"  Antía.










"Recomendo este conto porque é moi colorido, divertido e fácil de ler. O conto chámase "Quen dá a quenda?"








"Nestes momentos estou lendo "La puerta encantada", recoméndovolo porque é moi chulo. Gústame moito porque é dunha chica pero tamén fala de chicos"

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...